Metrópolis
Hai unha dimensión das modernas cidades desprezabel.
Constatase na nula atención ou interese das hordas turísticas que invaden a aquelas cidades cun casco histórico espectacular.
Por exemplo, Santiago de Compostela; cheas de persoas con paos, cunchas penduradas do pescozo ou cámaras en vigor, ateigan as pedras co casco histórico, sen importar unha soa foto das novas urbanizacións. Será que as novas cidades fanse ao estilo da vella película de Fritz Lang, no que importa máis o tránsito de vehículos e propietarios de vivendas que de moradores? Será o apóstolo o robot encargado da tarefa de alienar aos cidadáns para logo reprimirnos? A cidade da cultura, é parte da súa estratexia? Antón Reixa, defensor da mesma, é o científico encargado de transformar os desexos da cidadanía?
Aínda así, Santiago de Compostela, é afortunada.
Lugo e Ourense carentes de inversión institucional, só poden presumir da miseria política que os goberna, incapaz de golpear unha mesa dos seus propios compañeiros.
Tal vez, nin siquera a anuencia divina os salvan, e iso que prisciliano, o que seguramente atópase en lugar de Santiago, pasou polo oriente galaico, preconizando a revolta cristiá da época.
