Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, ven de anunciar a recuperación dun carril-bici. (Xa era hora, ou quizais sempre tarde). Iso si, non hai un
plano que recolla un estudo rigoroso de hábitos de transporte, unha rede de itinerarios ciclistas (carrís-bici, sendas-bici, carrís segregados, áreas 30, etc.) que asegure a conectividade, infraestruturas complementarias á rede (aparcadoiros seguros e sinalización axeitada), programas complementarios de educación vial e campañas de divulgación, unha normativa urbanística coherente, e o estabelecemento de partidas orzamentarias precisas nos distintos orzamentos anuais do Concello, ademais dun calendario de realización detallado.A citada recuperación, só afecta á rúa Berlín en Fontiñas, lugar que xa tiña un antes do pintado da rúa.
A Coruña, ten o mesmo testemuño e falta de concreción, e tanto Vigo , Ourense e Ponferrada veñen de anunciar a adquisición de un centenar de bicis gratis para o seu uso ao tolo polas difíciles rúas das cidades.
Como se nota a cercanía das eleccións, non?

0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home