12/19/2006

Palabra

Agora que se fala tanto nos titulares sobre a memoria histórica,
convén dotar de contidos os discursos. Porque, senón como sempre,
bulramos o xuízo dunha xeración que o descoñece todo.
Santiago Carrillo presenta as súas memorias e, non faltou xente que
empezou a berrar Paracuellos!. Que casualidade, moitos aliñan a
mesma crueldade e ignorancia ao afirmar que en aras do espiritu da transición,
ese proxecto de lei non merece tramitación. Nin siquera os chanchullos sumarísimos para fusilar e condear a xente. Quizais mereza máis atención saber a esmorgas pasadas dun defunto ou dunha folclorica. Claro que, ao ollar os desacordos da esquerda parlamentaria, un só podo lembrar aquela verba golpeada na mesa e transcrita por Castelao cun interlocutor do mesmo bando en plena guerra civil -“En cuanto termine la guerra o vosotros acabais con nosotros o nosotros acabamos con vosotros” Lapidaría frase fraticida co gallo da discusión federal de “Hespaña”. Seguimos do mesmo xeito, enchendo titulares apocalíticos, coma si unha soa palabra presione o gatillo; Naciónnnn!.

Descubro que unha das acepcións de Palabra, no diccionario, é; Verbo,
segunda persoa da santísima trinidade, e así, comprendo moitas das
torcidas palabras do Partido Popular, da Cope e de “El mundo”.
Basta definir unha soa palabra do mesmo xeito, para que consonte a formación relixiosa imposta polas escolas franquistas, teñamos que aceptar unha doctrina sen rechistar, do mesmo xeito inexplicabel que tres eran unha soa persoa. Por iso no cronicón de Maricomplejines (Jímenez Losantos dixit) e de Pedro jota, é moi importante o tema da etarra islámica. O maior atentado da España plutocrática, intentouse saldar cunha grande mentira. E aínda hoxe seguimos nelas, do mesmo xeito que adiantados biógrafos pinochetistas como Don Manuel afirman sen pudor,
que Pinochet fixo moito por Chile. Franco tamén fixo o mesmo;asaltar a legalidade. Máis os conceptos ou palabras serán diferentes.

Teño en mente a fidelidade ás promesas para definir a palabra. A memoria traizoa lembranzas moi miserables para algúns, e tentan coa repetición furar o coñecemento con pertrechos modelados de ignorancia e esquencemento. Ese deseño cruel non é merecibel por ninguén, máis moitos cidadáns lonxe de agnosticismo sófico, replican amén coa sinal da cruz ao mesmo tempo. Perigoso é para a memoria non cuestionar nada. Tanto como repetir palabras infieis ás promesas. Xuraron ou prometeron acatar a a Sacrosanta Constitución, e a violan tódolos días como a unha vulgar doncela.

De que sirve un Estado aconfesional, cando selle paga ao principiño unha voda relixiosa por conta de todos, incluso eu que son ateo, vexo con impotencia, que fun un iluso ao confiarme.
Agora un goberno, posto por unha maioría de cidadáns mobilizados polas mentiras, deberan memorizar, ese acordo, polo que selle obriga ao Estado,(ou sexa todos/as) a soportar o custe dos profesores de relixión e dos pleitos arbitrarios introducidos polos bispos por culpa da moral.
Diran vostedes, non é moi normal pagar un pleito orixinado por outro, máis dos despidos dos mestres de relixión, o estado é o responsabel subsidiario. Sobrenatural non!

Enténdao si quere como se, uns islamistas poñen unhas bombas
(por aquela palabra dada por Aznar de acudir á guerra cos Estados Unidos e o Reino Unido, consonte él sabía de boa tinta que Saddam Hussein tiña armas de destrucción masiva) e enmerdan a realidade, metendo a Eta no medio, e así de paso
destragamos as oportunidades de paz, por si acaso arrasan nas eleccións vindeiras.

A palabra é negada, porque fai daño ás expectativas. Aínda que sirva de alforxa guerrilleira na procura da paz entre os pobos.

O exacto significado da moral teolóxica é a parte da mesma que trata das accións
humanas orientadas cara ao seu fin sobrenatural. Repelús da, saber as pretensións desas palabras torcidas e esa molesta ética irreal deste Estado aconfesional
por ditado constitucional. Cando dous pelexan, hai un intre do combate no
que ten que existir unha dúbida, Gañarei ou desfalecerei? Nese momento,
é oportuna unha palabra ou varias, mellor moitas. Porén tamén será necesario
fornecer de memoria o proceso, porque só así, o contido do cántaro non estara baleiro.

Existe un oficio, onde as palabras son ferramentas indispensabeis, lembro dunha letura entre dous brilantes xornalistas; (Robert Fisk, The independent),
discutía cunha colega (Amira Hass, Haaretz) o verdadeiro significado do
xornalismo, e aceptaban que debería ser o control do poder. En España,
o oficio arrogaña as palabras con argucia partidaria, escupindo aldraxe cubertos
de escuros titulares baleiros de contido. Así non hai respecto ás minorias nin farrapos de gaita prometidos pola sacrosanta Contitución que tódolos días se cansan de altofalar.