12/19/2006

Brinde para as paparotas

Adaptado dun prólogo de W.Shakespeare, poñovos un brinde para tanta paparota veciña destos días:

O afecto que profeso ás vosas señorías non ten fin, e este opúsculo festivo non é senón unha parte insignificante do principio que posúo das vosas honorabeis disposicións. O torpe valor dos meus versos, asegúrame unha atención inmerecida, que obriga doble consagración e adicación de todo dito e feito.
Si a miña valía fora superior, miña abnegación sería máis efectiva. Máis tal e como é,este saudo ás vosas señorias, a quenes desexo unha longa vida, alongada aínda máis con toda clase de felicidad.
Brindo, sen máis cerimonias pois, con tódolos opíparos sustentos un desexo carnal de...paz e...relaxo, ao son e outorgamento do rei Baco. Saude e gosto.

1 Comments:

At 5:36 p.m., Blogger aymimadriña said...

Gracias a mondoxibaro!

 

Enviar um comentário

<< Home