11/14/2006

O inferno

A seguinte pregunta, realizouse nun exame trimestral de química na Universidade de Castela-A Mancha, campus de Toledo.
A profundidade na resposta dun estudante, deixou tan conmovidos aos profesores, que quixeron compartila cos seus colegas vía internete. Razón pola cal e polo seu interese reproducimos a continuación.

Pregunta: O inferno é exotérmico (desprende calor) ou endotérmico ( o absorbe)?

A maioria dos estudantes escribiron comentarios sobre a Lei de Boyle ( o gas enfria cando se expande e quéntase cando se comprime)

Máis un estudante realizou o seguinte comentario:
-En primeiro lugar, necesitamos saber en que medida a masa do inferno varia co tempo. Para isto temos que saber a que ritmo entran as almas no inferno e a que ritmo saen. Teño entendido que, unha vez dentro do inferno as almas non saen, polo que, non se producen saídas.
En canto a, cantas almas entran, vexamos o que din as diferentes relixións. A maíoria delas declaran que si non perteces a elas, irás ao inferno. Dado que hai máis dunha relixión e, dado que a xente non pertece a máis dunha, podemos concluir que todas as almas van ao inferno.
Coas taxas de natalidade e defunción existentes, pódese deducir que o número de almas crece de xeito exponencial.
Vexamos agora como varia o volume do inferno. Consonte a lei de Boyle, para que a temperatura e a presión do inferno se manteñan estabeis, o volume debe expandirse en proporción á entrada de almas.
Hai duas posibilidades:

Si o inferno se expande a unha velocidade menor que a entrada de almas, a temperatura e a presión do inferno incrementárase ata que se desintegre.
Si o inferno se expande a unha velocidade maior que a entrada de almas, a temperatura e a presión disminuíra ata que o inferno se conxele.

Cal é a posibilidade verdadeira?

Si aceptamos o que díxome Teresa no primeiro ano de carreira (“fará frio no inferno antes que me deite contigo”), e tendo en conta que deiteime onte con ela, a posibilidade número 2 é a verdadeira. Dou polo tanto como certo que o inferno é exotérmico e que conxelouse xa !
O corolario desta teoría é que, dado que o inferno conxelouse e, non acepta máis almas e está, polo tanto extinguido...deixando ao ceo como única proba da existencia dun ser divino, o que explica porque, onte Teresa non paraba de berrar -Ohh meu deus!!

Dito estudante, foi o único que sacou sobresainte!

Falando do inferno, hai unha nova peli de D.Tanovic (Terra de ninguén) que se estronou co titulo indicado. Moi recomendabel.

1 Comments:

At 12:38 p.m., Blogger Ignacio said...

Se me ha aparecido Jose luis y me ha sugerido que viniera.
http://www.blogger.com/comment.g?blogID=35176655&postID=115944289477785276

 

Enviar um comentário

<< Home